Programa de emprendemento para artistas da danza e as artes do movemento: preinscrición
A Axencia Galega das Industrias Culturais colabora coa Fundación Paideia Galiza no desenvolvemento do programa formativo Emprendemento para artistas da danza e as artes do movemento, que se desenvolverá do 28 de marzo ao 11 de xullo na sede do Centro Coreográfico Galego na Coruña.
Trátase dunha iniciativa de formación semipresencial para creadores/as e artistas da danza e as artes do movemento que desexen definir o plan de viabilidade e desenvolver profesionalmente os seus proxectos artísticos. O obxectivo é complementar o talento e impulsar novas ideas e propostas, abordando da man de profesionais do sector aspectos que teñen que ver coa produción, mediación, plan de viabilidade, propiedade intelectual, marketing e comunicación, ademais dunha experiencia de cocreación.
Formato: semipresencial
- 60h de formación grupal (450 presenciais e 20 en liña)
- 40h de titorización individual
Número de prazas: 20
Preinscricións: a través da web da Fundación Paideia Galiza. Haberá un proceso de selección no que se valorarán os aspectos empresariais de partida, como a madurez do proxecto, o equipo ou a estratexia de márketing.
Matrícula: gratuíta. Proxecto cofinanciado pola EOI (Escuela de Organización Industrial), o Fondo Social Europeo Plus, a Fundación Paideia Galiza e a Xunta de Galicia.
Máis información: danza [at] paideia.es
616168749 / 981223927