Danza 3. Espectáculos de música e baile tradicional
A Axencia Galega das Industrias Culturais e o Colectivo XOC, integrado polas agrupacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, poñen en marcha unha nova edición do programa Danza 3, que durante 2026 percorre 18 concellos galegos con outras tantas actuacións de música e baile tradicional.
Por 14º ano consecutivo, Danza 3 sairá ao encontro da cidadanía co fin de continuar impulsando a proxección social do rico patrimonio inmaterial que atesouran a música e o bailes tradicionais de Galicia, así como do indispensable labor de investigación, conservación, formación e divulgación arredor do noso folclore que levan a cabo este tipo de agrupacións.
Neste 2026, celebraranse en total 18 actuacións entre os meses de maio e outubro nos concellos de O Barco de Valdeorras, Oroso, Marín, Carnota, Sanxenxo, Vimianzo, Covelo, Ramirás, Rianxo, Pazos de Borbén, Allariz, Forcarei, Oza Cesuras, As Pontes, Padrón, Burela, Vila de Cruces e Cangas de Morrazo.
Cantigas e Agarimos
- O Barco de Valdeorras | 1 de maio, 12.00 h na praza do Príncipe | espectáculo de baile
- Oroso | 5 de xuño, ás 19.00 h no exterior da piscina municipal de Sigüeiro | espectáculo musical (pandeireteiras)
- Marín | 12 de xullo, ás 21.00 h na Alameda Rosalía de Castro | espectáculo de baile
- Carnota | 25 de xullo, ás 13.30 h no porto de Lira | espectáculo musical (coro)
- Sanxenxo | 30 de agosto, ás 20.00 h na praza dos Barcos | espectáculo de baile
- Vimianzo | 19 de setembro, ás 20.00 h na praza do Concello | espectáculo de baile
O Fiadeiro
- Covelo | 4 de xullo, ás 20.00 h na Ermida | espectáculo musical (gaiteiros)
- Ramirás | 4 de xullo, ás 22.30 h na praza de San Andrés de Vilavidal | espectáculo musical (pandeireteiras)
- Rianxo | 26 de xullo, ás 20.30 h na praza de Castelao | espectáculo de baile
- Pazos de Borbén | 12 de agosto, ás 20.00 h (pendente lugar) | espectáculo de baile
- Allariz | pendente data e lugar | espectáculo de baile
- Forcarei | 22 de agosto, ás 12.30 h na praza do Gaiteiro de Soutelo de Montes | espectáculo de baile
Xacarandaina
- Oza Cesuras | 4 de xullo ás 18.00 h no campo da festa
- As Pontes de García Rodríguez | 12 de xullo, ás 20.00 h na praza de América
- Padrón | 17 de xullo, ás 21.00 h na praza de Macías | espectáculo musical (coro)
- Burela | 19 de xullo, ás 20.00 h na praza da Mariña
- Vila de Cruces | 1 de agosto, ás 20.00 h na praza do Concello | espectáculo musical (coro)
- Cangas de Morrazo | 3 de outubro, ás 17.00 h no paseo marítimo de Moaña | espectáculo de baile