Contratación, con carácter temporal, dun/ha encargado/a de estrutura escénica

[12/06/2026] Resolución do 11 de xuño de 2026, pola que se fai pública a contratación con carácter temporal dun posto de encargado/a de estrutura escénica, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, trala renuncia da persoa anteriormente seleccionada.

  • Prazo de recurso de alzada á Resolución: 1 mes contado desde o día seguinte ao desta publicación. 

[03/06/2026] Resolución do 2 de xuño de 2026, pola que se fai pública a contratación con carácter temporal dun posto de encargado/a de estrutura escénica, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

  • Prazo de recurso de alzada á Resolución: 1 mes contado desde o día seguinte ao desta publicación. 

[20/04/2026] Resolución do 20 de abril de 2026, pola que se fai pública a suspensión do procedemento de selección para a contratación con carácter temporal dun posto de encargado/a de estrutura escénica, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.


[24/03/2026] Resolución do 24 de marzo de 2026, pola que se fai pública a listaxe definitiva da avaliación de méritos por orde de prelación para a contratación con carácter temporal dun posto de encargado/a de estrutura escénica, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.


[13/03/2026] Resolución do 13 de marzo de 2026, coa listaxe definitiva de persoas admitidas e a provisional de avaliación de méritos por orde de prelación para a contratación con carácter temporal dun posto de encargado/a de estrutura escénica, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

  • Prazo de alegacións á avaliación de méritos:  3 días hábiles a partir do seguinte ao desta publicación.

[06/03/2026] Resolución do 6 de marzo de 2026, pola que se fai pública a listaxe provisional de persoas non admitidas e admitidas para a contratación con carácter temporal dun posto de encargado/a de estrutura escénica, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

  • Prazo de alegacións: 3 días hábiles a partir do seguinte ao desta publicación.

[06/02/2026] A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca un proceso selectivo para a contratación con carácter temporal dun posto de encargado/a de estrutura escénica, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O posto insírese no Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego): grupo III, categoría 43, código ED.A11.00.005.15770.047.

Prazo de solicitude: 15 días naturais a partir do día seguinte ao desta publicación.


Share