Contratación, con carácter temporal, dun/ha técnico/a auxiliar de imaxe e son

[27/07/2026]  Resolución do 27 de xullo de 2026, de contratación, con carácter temporal, dun posto de técnico/a auxiliar de imaxe e son, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. 


[21/07/2026] Resolución do tribunal do 21 de xullo de 2026, pola que se fai pública a listaxe definitiva da avaliación de méritos por orde de prelación e o acordo para lle conceder 3 días hábiles á persoa aspirante con maior puntuación para completar a documentación requirida no proceso de selección para a contratación con carácter temporal dun posto de técnico/a auxiliar de imaxe e son, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. 


[09/07/2026] Resolución do tribunal do 9 de xullo de 2026, pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e a listaxe provisional de avaliación de méritos por orde de prelación no proceso de selección para a contratación con carácter temporal dun posto de técnico/a auxiliar de imaxe e son, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

  • Prazo de alegacións: 3 días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación. 

[01/07/2026] Resolución do tribunal do 30 de xuño de 2026 coa listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas no proceso de selección para a contratación con carácter temporal dun posto de técnico/a auxiliar de imaxe e son, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

  • Prazo de alegacións: 3 días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación. 

[12/06/2026] A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca un proceso selectivo para a contratación con carácter temporal dun posto de técnico/a auxiliar de imaxe e son, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O posto insírese no Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego): grupo III, categoría 94, código ED.A11.00.005.15770.059.

  • Prazo de solicitude:  7 días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación.

Share