[18/03/2024] Publícase a Resolución da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais pola que se eleva a definitiva a proposta coa que se dá por concluído o proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de tremoeiro/a.
[28/02/2024] Corrección de erros detectados no Anexo I da resolución de modificación da listaxe definitiva das persoas admitidas e non admitidas ao proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de tremoeiro/a.
[27/02/2024] Resolución do tribunal do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de tremoeiro/a, pola que se fai pública a modificación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas no proceso.
[26/01/2024] Resolución do tribunal do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de tremoeiro/a, pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas no proceso.
[18/01/2024] Publícase a resolución de modificación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato laboral temporal en réxime de interinidade, dun posto de tremoeiro/a.
O prazo de alegacións é de tres días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación.
[26/12/2023] Publícase a Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a cobertura dun posto de tremoeiro/a (grupo IV, categoría 25), adscrito ao Departamento de Produción Teatral, mediante a contratación de persoal laboral temporal.
Prazo de alegacións: tres días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta Resolución.
[22/11/2023] A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca un proceso selectivo para a contratación dun/ha tremoeiro/a mediante relación laboral temporal, en réxime de interinidade, ao abeiro do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
O posto insírese no Departamento de Produción Teatral (Centro Dramático Galego): grupo IV, categoría 25 e código ED.A11.00.005.15770.087.
O prazo de solicitude permanecerá aberto do 23 de novembro ao 11 de decembro de 2023.
- Bases da convocatoria
- Anexo I (baremo de méritos)
- Anexo II (composición do tribunal)
- Anexo III (modelo de solicitude)