Share

Selección de 22 intérpretes para a temporada 2024-2025 do Centro Dramático Galego: bases e convocatoria

Publícase no DOG nº 176 do 12 de setembro de 2024 o anuncio polo que se lle dá publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación de 22 intérpretes coa categoría de principais para a temporada 2024-2025 do Centro Dramático Galego: 15 prazas para a produción Mesiña, ponte! (título provisional) e 7 para a produción Countdown (título provisional).


  • Prazo de solicitude: do 13 ao 27 de setembro de 2024 (15 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación).
  • Convocatoria e bases