26/02/2025 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Zumiriki. Presentación por Oskar Alegria
Oskar Alegria, 2019

Fóra de serie
É posible viaxar dúas veces ao mesmo recordo? O cineasta constrúe unha cabana de madeira nunha beira apartada do río preto da illa onde xogaba na súa infancia, hoxe asolagada pola construción dun encoro que deixou a terra invisible. As árbores da illa permanecen, con todo, aínda en pé, como mastros dun xoguete roto no medio da auga. O aire entre os troncos será o único espazo posible para revivir o pasado.
Zumiriki é un naufraxio na memoria, unha experiencia de catro meses illado nunha cabana de madeira no bosque da infancia, coa soa compañía de dúas galiñas, un pequeno horto e un reloxo detido para sempre ás 11 h 36 min e 23 s.