15/07/2025 - 12:00h
| Campo da Festa de Urdilde
| Rois
Zona en obras
Espectáculo de teatro a cargo de Brais das Hortas

Cultura no Camiño
Atención! Esta contada está en obras. Sí: está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas... e a axuda do inestimable público. Malo será que entre todos non acabemos estes contos cheos de música e ritmo. Contos de osos tristes, de extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, de cans de palleiro que se convirten en superstars… A nova tolería de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.