Share
02/11/2025 - 18:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Xoguetes rotos

  • Espectáculo teatral a cargo de Barrosanta

Xoguetes rotos
Rede galega de teatros e auditorios

Xoguetes Rotos narra a historia dunha amizade entre Mario, un xoven que abandona a súa aldea, e Dorin, unha transexual do mundo do espectáculo. Mario traballa nunha perruquería pero Dorin lévao a enfrentarse aos seus soños de ser muller. Neste espello no que Mario se reflexa tamén se ve un mundo de purpurina perigoso e revelador.

É a época das criaturas máxicas ataviadas coas mellores plumas como contrapunto da España en branco e negro endurecida pola lei de vagos e maleantes que incluída a represión dos homosexuais. A morte da súa amiga fai que Mario decida por fin ser Marión. Enfundada no vestido vermello de Dorín regresa á súa aldea, pero esta vez para ser libre coma unha pomba. As palabras de Dorín retumbarán sempre no seu interior: ‘’O importante non é que te vexan, se non que o fagan como ti queres ser vista’’.