Share
27/03/2026 - 18:30h | Casa da cultura Pintor Lloréns | Sada

Xoga e maxia

  • Espectáculo de maxia a cargo de O Mago Paco

Xoga e maxia
Rede galega de teatros e auditorios

Chega unha nova proposta dinámica, participativa e sobre todo “alucinante”. Nesta ocasión, O Mago Paco encarna a figura de presentador do prestixioso programa XOGA E MAXIA onde a través de probas, os e as participantes competirán para levarse as súas casas algún que outro agasallo. Realidade ou ficción? Ata onde chegarán para conseguir o seu propósito? Haberá premios para todos e todas as participantes?

Un concurso único, dotado de premios imposibles onde non existen gañadores nin gañadoras, senon participantes que non saberán a proba á que terán que enfrontarse para intentar levarse un agasallo.