Share
20/06/2025 - 12:30h | CPI de Pontecesures | Pontecesures

Xoán Curiel e A Banda do Verán

  • Danzamos en verán!!!

A Banda do Verán
Cultura no Camiño

Xoán Curiel e A Banda do Verán presentan o seu traballo a trío, que nace do disco-libro Estamos no verán!!!, editado por Galaxia e no que se narran as aventuras duns rapaces que, na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Un espectáculo moi completo, con danza, música en directo e elementos de teatro, que se caracteriza por facilitar a participación constante do público e por contar cuns artistas de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís.

Voz, guitarra, ukelele, percusión e unha bailarina traen cancións moi divertidas e tamén entrañables; unha viaxe musical dende que soa derradeiro timbre do cole en xuño ata o primeiro de setembro.