14/07/2024 - 20:00h
| Campo da festa de Ortoño
| Ames
Xira Bacana
Espectáculo de Música a cargo de Banda Bacana

Cultura no Camiño
XIRA BACANA é o primeiro espectáculo de Banda Bacana, unha banda de nova creación formada por 8 músicas galegas de recoñecido prestixio e ampla traxectoria enriba dos escenarios.
Os ritmos de raíz afrolatina mestúranse coas letras de poetas galegas, portuguesas e sudamericanas para ofrecer ao público un concerto no que poder bailar, desfrutar e vivir en directo a unión das culturas de aquí e alén do Atlántico.