Share
19/08/2024 - 20:00h | Praza de Porta de Conde | Portas

Xira 30 aniversario

  • Espectáculo de Música a cargo de Os Carunchos

Xira 30 aniversario
Cultura no Camiño

Os Carunchos nace a  finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.

Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona fan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión. Un xeito de facer cun compromiso activo co noso idioma e cultura moi característico, mesturando e recuperando coplas do noso imaxinario popular e dando ritmo e musica aos traballos dos nosos poetas históricos e contemporáneos. Este ano 2024 celebramos o noso 30 aniversario! Queres celebralo con nós?