04/08/2026 - 11:30h
| Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
| O Grove
Xan das ondas
Contacontos a cargo de Barafunda
Cultura no Camiño
Xan é un rapaz ao que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar xa non ten ondas e parece que está moi enfermo. Así que, emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá os habitantes dos mares.
Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?