Share
14/10/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Who Killed Cock Robin?

  • Travis Wilkerson, 2005

Who Killed Cock Robin?
Retrospectiva Travis Wilkerson

Dennis Lim cualificou WKCR? como unha das dez películas máis ignoradas na historia de Sundance: «A primeira longa de ficción de Travis Wilkerson, que segue a liña do agitprop lírico do seu documental AN INJURY TO ONE, rodado en Butte, Montana, retrata a vida dun adolescente desarraigado na mesma cidade sen futuro: roubando en tendas, pasando o tempo en minas abandonadas, lidando co declive das perspectivas laborais e os movementos sindicais. Unha película audaz e pouco convencional en todos os sentidos, sobre todo pola súa sincera postura política».

Proxéctase xunto á curta Superior Elegy.