06/05/2026 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
West Indies
Med Hondo, 1979
Territorios mutantes
O filme máis radical, ambicioso e operístico do mauritano Med Hondo. Para a súa produción reconstruíuse un navío escravista nunha fábrica abandonada de Citroën. Movéndose polo barco, a cámara traza en planos secuencia o devir das Indias Occidentais, escoitando diversos relatos orais de figuras históricas e anónimas, nun baile no que o vestiario e a dirección artística cambian en directo no set para se adecuar ao paso do tempo. A fita regala traballados números musicais, atendendo así á herdanza artística dos pobos escravizados, especialmente á música como elemento cohesionador dunha historia oral de resistencia compartida.