Share
04/11/2023 - 18:00h | Forum Metropolitano | A Coruña

Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións)

  • Espectáculo de teatro cargo de Os Monicreques de Kukas

Viva Vivaldi (1,2,3 e catro estacións)
Rede galega de teatros e auditorios

No ano 2023 conmemórase o 300 Aniversario de  As catro estacións de Vivaldi que nos inspiraron para crear un espectáculo no que representamos os cambios que se producen en cada unha das estacións do ano con pequenas historias que valoran a importancia da amizade das relacións afectivas e solidarias.

Unha pintora (Maruxa),  unha escritora (Rosalía) e un músico (Antón) crearan un mundo fantástico e poético cunhas marionetas tratadas cunha paleta de cores brillantes e contrastados.