Share
07/11/2025 - 20:30h | Auditorio Municipal | Vilagarcía de Arousa

Vitória

  • Espectáculo teatral a cargo de Iria Pinheiro

Vitória
Rede galega de teatros e auditorios

VITÓRIA é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba.

A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaret.