25/11/2025 - 20:00h
| Auditorio Municipal Hernán Naval
| Ribadeo
Vitória
Espectáculo teatral a cargo de Iria Pinheiro
Rede galega de teatros e auditorios
VITÓRIA é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba.
A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaret.