Share
07/08/2026 - 20:00h | Praza das Palmeiras | Caldas de Reis

A vida tola

  • Un espectáculo de circo a cargo de Pajarito

A vida tola
Cultura no Camiño

Este espectáculo de clown e escapismo para todos os públicos achéganos ao peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas e fai de cada ocasión e espazo un novo motivo e lugar para o xogo. Pajarito interactúa co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.

Pajarito é a número un, e a número dous tamén.... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!!

 

Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena remata libre coma o vento e con moitas ganas de... "coñecer mundo". Risos garantidos.