Share
15/06/2024 - 20:30h | VILAGARCÍA DE AROUSA | Vilagarcía de Arousa

Vicki e a felicidade

  • Espectáculo de Teatro a cargo de Bandullo Azul

Vicki e a felicidade
Cultura no Camiño

Unha peza que nace con moito talento: Marcos Orsi na dirección, Xoque Carbajal na produción Diego Valeiras no vestiario, Culturactiva na distribución e o bo facer de Bandullo Azul.

Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar, vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da aldea. Unha viaxe chea de personaxes curiosos, de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos cuidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.