27/09/2026 - 17:30h
| Auditorio Municipal Hernán Naval
| Ribadeo
A viaxe do Señor López
Un espectáculo de teatro familiar a cargo de Producións Señor López
Rede galega de teatros e auditorios
O señor López é unha persoa solitaria, triste e gris.
Un día calquera acontécelle unha desas cousas solitarias, tristes e grises tan característica do mundo dos adultos e a partir dese momento todo cambia. Monta unha compañía de teatro. Aprende a contar chistes. Fala idiomas inventados. Viaxa nunha balsa por un mundo cheo de cores e alegría.
O señor López convértese nun paxaroinuit.
Rubén Pérez estrea a compañía do Señor López con esta montaxe que achegará un sorriso ao público familiar.