26/07/2024 - 12:00h
| Campo da festa de Urdilde
| Rois
Vera baixo a auga
Espectáculo de Teatro a cargo de Teatro Calavera

Cultura no Camiño
A historia transcorre a mediados do século XVIII co apoxeo da piratería en contraposición das rexas normas das cortes nobres, a nosa protagonista, Vera, é unha rapaza de boa familia que pasa desde nena, horas e horas pechada (castigada) no seu cuarto.
Realmente resulta unha nena moi maleducada para o protocolo da época: fai demasiadas preguntas, fala de máis, pon en dúbida os comportamentos e as opinións dos máis galantes cabaleiros… de cada frase que verbaliza en público, Vera sempre obten a mesma resposta: -Cala Vera! Cala Vera!
Pero Vera, que non cala nin estando baixo auga, ten a sorte de atopar un mapa dun tesouro que a fará apartarse desde mundo gris e lanzarse a unha aventura que cambiará para sempre a súa vida.