26/06/2026 - 20:30h
| Praza do Centro Social de Boiro
| Boiro
Velaiquich, amoorch!
Un espectáculo de danza a cargo da compañía D'elas
Cultura no Camiño
Velaiquich, amoorch! é un espectáculo para espazos non convencionais con música en directo e tres creadoras do movemento en escena. Este proxecto nace da necesidade de traer a esencia das danzas urbanas a un proxecto contemporáneo. Esta proposta escénica busca compartir cos públicos a maxia do instantáneo, a esencia do agora, do actual. Subirse ao absurdo da continua renovación, do cambio constante, do inmediato, e apropiarnos así deste momento histórico tan caracterizado pola sobreactualización da linguaxe e as tendencias. Reivindicando o cambio, o agora e a sobreactualización como modo de existir.