Share
03/10/2026 - 20:30h | Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil | Muros

A velada de Londres

  • Un espectáculo teatral de ButacaZero

A velada de Londres
Rede galega de teatros e auditorios

A velada de Londres é a nova produción de ButacaZero, un espectáculo que recupera unha das obras máis recoñecidas de Manuel Lourenzo para ofrecer unha nova lectura contemporánea. Inspirada no primeiro capítulo de Drácula, de Bram Stoker, a peza mergúllanos na Inglaterra vitoriana para seguir a Jonathan Harker tras o seu regreso de Transilvania. A experiencia vivida xunto ao conde Drácula transforma a súa percepción da realidade e desencadea unha loita entre razón e instinto, realidade e desexo, amor e escuridade. A posta en escena combina interpretación, música en directo e unha coidada atmosfera visual para converter este clásico da dramaturxia galega nunha proposta de grande intensidade estética e emocional.

Ficha artística

Texto: Manuel Lourenzo

Dirección: Xavier Castiñeira

Música en directo: Esperanza Mara (violoncello e voz)

Banda Sonora: Iago Hermo

Deseño de Luz: Violeta Martínez

Espazo Escénico: Beatriz de Vega

Figurinista: Carlos Pinilla

Produción: Esther F. Carrodeguas

Elenco

O Doutor • Xurxo Cortázar

Harker • Teo Piñeiro

Mina • Sophia Rodal

Chelista e Cantante • Esperanza Mara

(Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos)