09/02/2024 - 20:30h
| Auditorio Municipal Gustavo Freire
| Lugo
Vaivén
Espectáculo de danza de Marcia Vázquez

Rede galega de teatros e auditorios
Vaivén é unha peza escénica de danza contemporánea que navega en mareas vivas.
Trala tormenta, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva subir a marea? Unha investigación que se mergulla nas vibracións, nas ondas sonoras e que reverbera, á súa vez, no oceáno interior das emocións.