Share
20/07/2024 - 22:00h | Área Recreativa O Bañadoiro | Vilamartín de Valdeorras

Vacacións en Ornanda

  • Espectáculo de Música a cargo de Momboi

Vacacións en Ornanda
Cultura no Camiño

Vacacións en Ornanda é o último traballo discográfico de Momboi. Nel, a banda colle a tenrura por bandeira e transita pola beleza dos lugares comúns ao compás de medios tempos e pasaxes melódicas. En total, 12 cancións que a banda compartiu xa nos seus directos, que gravaron no estudo de MaySound Producións con Ángel Morandeira e masterizaron con Cem Oral en Berlín. “As letras e a música deste disco buscan conectar co medio natural e co noso lado máis humano”. A esencia do disco plásmase nos directos de Momboi que, xunto coa súa estética lograda, enchen o escenario de luz e beleza, convertendo calquera calquera dos seus directos nun lugar para o desfrute da boa música.