Un tal Romeo
Espectáculo teatral a cargo de A Ramboia
Apoiado por unha tremoia escénica viva, un actor prepárase para interpretar o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra shakespeariana, asiste a un casting e a continuación destrúe a golpes o balcón de Xulieta.
Xunto a un tramilloista, o intérprete redefine o seu concepto de amor caduco e infeccioso que o incapacita para a vida e o teatro. Repasa a concatenación de primeiras veces que experimenta Romeo; casar, perder a virxinidade, matar a alguén, ser desterrado e quitarse a vida, na procura de respostas a unha problemática propia que resoa na súa cabeza:
Non tes perfil de Romeo.
Xamais serás protagonista.
O amor é secundario.
O romanticismo está morto.
A túa carreira tamén.
Unha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas.
Que difícil é querer, que difícil é quererse.
Ficha artística
Autoría, dirección, escenografía, vestiario e deseño de son: María Peinado
Deseño iluminación:Germán Gundín
Coreografía: María Peinado, Fran Lareu, Nuria Sotelo
Elenco artístico: Fran Lareu e Anxo García