Share
13/11/2025 - 20:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Un tal Romeo

  • Espectáculo teatral a cargo de A Ramboia

Un tal Romeo
Rede galega de teatros e auditorios

Apoiado por unha tremoia escénica viva, un actor prepárase para interpretar o papel de Romeo. Repasa pasaxes da obra shakespeariana, asiste a un casting e a continuación destrúe a golpes o balcón de Xulieta.

Xunto a un TRAMOLLISTA, o INTÉRPRETE redefine o seu concepto de amor caduco e infeccioso que o incapacita para a vida e o teatro. Repasa a concatenación de primeiras veces que experimenta Romeo; casar, perder a virxinidade, matar a alguén, ser desterrado e quitarse a vida, na procura de respostas a unha problemática propia que resoa na súa cabeza:

NON TES PERFIL DE ROMEO.

XAMÁIS SERÁS PROTAGONISTA.

O AMOR É SECUNDARIO.

O ROMANTICISMO ESTÁ MORTO.

A TÚA CARREIRA TAMÉN.

Unha ironía metateatral de contrastes e tensión rítmica entre ondas coreográficas.

Que difícil é querer, que difícil é quererse.