Share
02/03/2024 - 19:00h | Auditorio Pazo da Cultura | Pontevedra

Un soño é…

  • Espectáculo musical infantil a cargo do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona

Un soño é…
Rede galega de teatros e auditorios

Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil  que nace no ano 2014 e está formada por  Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando! .

Ten o  obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliñ@s” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito  atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego.