Share
03/09/2025 - 20:30h | Pazo da Cultura | Narón

Un deus salvaxe

  • Espectáculo a cargo de Talía teatro

Un deus salvaxe
Rede galega de teatros e auditorios

Dous matrimonios, adultos e civilizados, atópanse para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver.

Con este sinxelo argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e disecciona, con moito sentido do humor, as relacións de parella, a educación, a competitividade,... pero, sobre todo, o exceso de corrección política.