Share
19/09/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Umberto D.

  • Vittorio De Sica, 1952

Umberto D.
Vittorio De Sica

Umberto é un pensionista que anda moi xusto de diñeiro. Vive nun humilde cuarto co seu fiel can Flike. Cando a súa caseira ameaza con botalo á rúa se non paga, o ancián, incapaz de atopar outra solución, finxe unha enfermidade para poder ser ingresado nun hospital.

O que en mans doutro director podería ter sido excesivamente azucrado, atopa en De Sica un sabor equilibrado entre unha austera precisión e a emoción contida. Magnificamente escrita, o que lle valeu nominación ao mellor guión nos Óscar, e estupendamente interpretada por un elenco non profesional.