02/10/2022 - 20:00h
| Auditorio Municipal de Vigo
| Vigo
Ultreia "Ao final do camiño estás ti"
Espectáculo do Mago Teto

Rede galega de teatros e auditorios
ULTREIA é un espectáculo multidisciplinar no que se combina a maxia, a música e a danza. Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os
camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas
encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha
realidade onde todo é posible menos perder a ilusión. Neste traxecto, Teto viaxará con tres bailarinas que o
acompañarán en todas as súas aventuras e desventuras, e contará en todo momento coa axuda imprescindible da música,
composta especialmente para este espectáculo por Andrés Álvarez , a banda sonora perfecta para que o mago chegue
con éxito ao final do seu camiño.