05/07/2026 - 12:00h
| Rúas do concello
| Pontecesures
Trópico de Grelos: Bloco Afro
Un desfile musical a cargo de Trópico de Grelos
Cultura no Camiño
O Bloco Afro é un dos espectáculos de rúa máis soados de Trópico de Grelos. Caracterízase por ritmos moi festivos e contundentes de Salvador de Bahía, adornados ademais con diversas coreografías. A frescura destes ritmos xunto coa actitude e destreza desta banda de percusionistas e a potente presencia da raíz africana, fan deste desfile musical unha auténtica festa que non deixará a ninguén indiferente. O Bloco Afro esperta no público as ganas de bailar, de esquecer os problemas e pasar un bo rato, é así que moitas veces o espectador perde o seu rol, converténdose nun máis do grupo bailando ao seu carón.