21/11/2025 - 10:00h
| Forum Metropolitano
| A Coruña
Trogloditas
Espectáculo teatral a cargo de Tanxarina

Rede galega de teatros e auditorios
Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria. A cova, onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos Monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.