Share
25/07/2023 - 21:00h | Praza do Calvario | O Rosal

Trogloditas

  • Espectáculo de teatro a cargo de Tanxarina

Trogloditas
Cultura no Camiño

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria. A cova, onde imos asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos Monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.