Share
05/12/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

As tres outras vidas de María Santiso

  • Roberto Alvite, 2024

As tres outras vidas de María Santiso
OFF GALICIA

Tras a curta de ficción As tres caídas de María Santiso (2019), con Lucía Veiga á fronte, sobre unha muller que vive illada nunha aldea remota; e o tráiler dun filme de mortos viventes que nunca existiu, As tres vidas de María Santiso (2022), na que a mesma protagonista “resucitaba”; As tres outras vidas de María Santiso (2024) toma a forma dun falso making of da mesma fita. Comedia negra de irreverente humor para atacar un dos grandes males de Galicia: o esmorecemento do mundo rural.