Share
11/07/2025 - 18:30h | Igrexa de Santiago | Padrón

Treides conmigo alén

  • Espectáculo de música a cargo de Xoán Curiel

Treides conmigo alén
Cultura no Camiño

Un concerto a trío a partir de cantigas actualizadas de diferentes trobadores da lírica medieval galego-portuguesa (séculos XII aXIV) e dos Camiños de Santiago. 

Unha lectura contemporánea das obras medievais fundamentais do noso patrimonio que resulta en sons medievais cun novo rostro.

O público descubrirá curiosidades sobre os autores da época, as diferentes formas das cantigas e a súa memoria inmaterial (lendas e historias que lles dan corpo).

Algúns dos escenarios (2021 e 2022):

Festival de Almagro, Festival Convergências en Braga, Festival Espírito Ribeiro, Museo do Mar de Galicia en Vigo, Mosteiro de Monfero, Museo das Peregrinacións, Igrexa de Moraime en Muxía, Igrexa de Santa María da Baña, Castelo de Vimianzo no Ciclo Espazos Sonoros, Festas do Apóstolo, Festa da Rapa das bestas de Sabucedo, Pazo da Cultura de Pontevedra (Culturgal), Universidade de Vigo.

O disco Treides comigo! conta coa participación de importantes intérpretes, como como o compositor portugués Rui David ou o músico galego Abraham Cupeiro.