03/08/2025 - 17:00h
| Feira do Trece. Sedes
| Narón
Travesía Unicornio
Ghazafelhos

Cultura no Camiño
Travesía Unicornio é unha adaptación ao teatro do libro homónimo de María Canosa, gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil e publicado por edicións Embora en marzo de 2023.
Un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos. Estes deberán escoitarse, aceptarse e, o máis importante, aceptar tamén os desexos das demais persoas para que se cumpran os propios. Travesía Unicornio é unha obra chea de humor que cambia os roles tradicionais de xénero, abrindo as portas a que as nenas e nenos decidan libremente sobre os seus gustos.