10/01/2026 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Trajectory Drift + Path of Shadows
Iván Castiñeiras, 2017
Iván Castiñeiras, o cinema transfronteirizo
TRAJECTORY DRIFT
Nun contedor, entre caixas de mercadorías, dous homes de diferentes países contan o seu exilio. Os seus relatos e os seus infinitos pasos fronteirizos únense nun soño común: chegar a Inglaterra.
PATH OF SHADOWS
«A Xungla» é un campamento de migrantes e refuxiados situado en Calais (Francia). Entre 6.000 e 8.000 persoas viven alí en condicións terriblemente precarias. Esperan alí para cruzar a Inglaterra e comezar unha nova vida.
Esta peza foi concibida orixinalmente como un proxecto interactivo. Na sesión, Iván Castiñeiras interactuará coas distintas filmacións que a compoñen, explicando o seu proceso creativo e intencións.