07/01/2025 - 19:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Toni Erdmann
comedia, finanzas, liberal

Sandra Hüller: anatomía dunha actriz
Inès traballa nunha importante consultora alemá establecida en Bucarest. Leva unha vida moi ordenada ata que o pai irrompe nela e lle pregunta se é feliz, o que provoca na filla un cambio interno. O seu proxenitor non deixa de avergoñala e poñer patas arriba as súas rutinas baixo o personaxe ficticio de Toni Erdmann, un estrafalario alter ego co que se infiltra no seu día a día. Estorba, pero pode que sexa para ben.