Tolóptica
Espectáculo de teatro a cargo de Código Azul
TOLÓPTICA é unha comedia negra que pon o foco sobre as situacións cotiás que nos corrompen nesta sociedade individualista e materialista.
Leo e Brais, dous empresarios da óptica Tolóptica, asisten á 23ª convención de Tolóptica, a cal vai entregar os premios ao mellor vendedor de primeira clase da empresa, entre outros.
Leo é un axente distribuidor nato, puntual, pulcro e meticuloso pero á vez moi egocéntrico, mentres que Brais é máis despreocupado, tranquilo e sinxelo, un home que rebosa unha actitude risoña e empática alá por onde asoma.
Leo chega con moita antelación ao evento e toma medidas do escenario para facerse unha idea de como se vai a levar a cabo a gala. Brais, atraído pola curiosidade das accións de Leo, decide acompañalo durante o evento.
Ficha artística
Autoría: Ismael Gil Candal
Dirección: Xosé Leis
Adaptación: Martín Espantoso
Escenografía: Naila Rodsua
Deseño son: Naila Rodsua
Deseño iluminación: Naila Rodsua
Vestiario: Martín Espantoso
Música: Martín Espantoso
Coreografía: Xosé Leis
Elenco artístico
Elenco: Martín Espantoso, Marcos Fernández, Yolanda Lorenzo