Share
22/04/2026 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

A todos nos gusta el plátano

  • Rubén H. Bermúdez, 2021

A todos nos gusta el plátano
Territorios mutantes

E cando espertou, o Black Lives Matter tamén era español. O fotógrafo Rubén H. Bermúdez, cuxo libro Y tú, ¿por qué eres negro? supuxo en 2018 un punto de inflexión na visibilización da comunidade afrodescendente en España, presenta a evolución audiovisual do seu traballo. Unha longametraxe coral na que confía a cámara a sete persoas negras en España para que intenten facer unha película. Autorrepresentación, dúbidas, nun retrato íntimo, fragmentario, e necesariamente parcial. Peles, corpos que se filman na intimidade, que falan, se escoitan e expoñen.