Share
30/07/2023 - 21:30h | Sedes | Narón

Tiruleque 20 anos no camiño

  • Espectáculo de música a cargo de Tiruleque

Tiruleque 20 anos no camiño
Cultura no Camiño

Tiruleque ven de  celebrar xa o 20 aniversario da súa fundación onde recupera un repertorio de todos os seus traballos cunha escolma do seus mellores temas, a edición dun disco recompilatorio “Tiruleque 20 anos no camiño” e unha xira de concertos baixo o mesmo título.

Durante o treito do concerto interpretan algúns dos mellores temas dos catro traballos discográficos que até o momento ten o grupo, evidenciando tanto a evolución musical e estética como a diversidade de formacións polas que históricamente foi pasando a banda. ofrecendo unha experiencia inesquecible tanto para a banda coma para o público