Share
27/05/2024 - 12:00h | Santiago de Compostela | Salón Teatro

A teteira de Kabul | Xarope Tulú

A teteira de Kabul
GALICIA ESCENA PRO

A teteira de Kabul é unha obra de teatro de obxectos e monicreques de Xarope Tulú que fala do valor da paz.
A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra.
Xunto á súa familia emprende unha longa viaxe na que, a pesar das duras condicións, irá descubrindo a beleza do tránsito grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.

A teteira de Kabul está baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas e é unha coprodución de Xarope Tulú coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz. A personaxe de Mina está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam.

A PARTIR DE 6 ANOS
TEATRO DE OBXECTOS E MONICREQUES

45 MINUTOS

Autoría e Dirección: Nicolás Zamorano e Atenea García