Share
10/04/2026 - 21:00h | Casa da Cultura | Burela

Testosterona

  • Espectáculo teatral a cargo da compañía Malasombra Producións

Testosterona
Rede galega de teatros e auditorios

SINOPSE: O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?...

TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernan, propónnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.

 

Ficha artística

Autoría: Sabina Berman

Adaptación e dirección: Xoque Carbajal

Escenografía e vestiario: Diego Valeiras

Deseño son e música: Carlos Mosquera Mos

Deseño iluminación: Xoque Carbajal

Elenco artístico: Camila Bosa e Luis Iglesia