22/02/2025 - 20:00h
| Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela
| Cangas
Testosterona
Malasombra Producións

Rede Galega de Teatros e Auditorios
O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?
A autora mexicana Sabina Bernan propónnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos beizos vendo as peripecias destes personaxes.