Share
12/08/2023 - 00:00h | Campo da festa de Ribasar | Rois

Terrafirme

  • Espectáculo de danza a cargo de Eva Comesaña

Terrafirme
Cultura no Camiño

Peza de danza contemporánea creada por Eva Comesaña, que navega entre diferentes mares para atopar tradición, costumes e calma na terra.

Procura dun lugar que habitar e desenvolver a vida. Un lugar firme e seguro onde afondar nas raíces propias, cheas de coñecemento e sabedoría popular. Cultura, xentes e xeitos de facer en comunidade son a esencia do son, imaxes, movemento, cores e texturas desta peza que fala de lugares rurais e marisqueiro, onde os corpos son os escravos da supervivencia e do traballo, corpos que se ven modificados polo esforzo, a repetición, o peso e a resistencia.

Terrafirme afonda na memoria para facer reflexión do presente, recuperando labores das nosas ancestras que alimentan a imaxinación e nos transportan ás nosas raíces. Ten como nexo común as corporalidades sistémicas de mulleres que carregan auga na testa, machucan o millo, lavan e secan no río e coidan en vilo.

É unha viaxe pola memoria e herdanza que levamos intrínseca polo feito de ser humanas, e así poder deixar camiño, alento e coñecemento en forma de arte, afondando na linguaxe, nas formas dos corpos, no que hai fóra, para poder entender o que temos dentro. Mostrar, dende un ollar, fogar e conciencia colectiva, política e feminista.