Tema e Lola
Espectáculo a cargo de Teatro de Ningures
Lola chega á vila onde naceu e da que marchou hai vinte anos coa súa parella, Rosalía, dun día para outro e sen que ninguén soubera ben o motivo. Ou case ninguén.
Agora regresa para baleirar a casa, poñela en venta e liscar de novo a Tenerife. Unha visita de puro trámite. Lola pretende evitar a toda costa o trato social cos habitantes da vila e calquera cousa que lle faga remexer no seu pasado. Pero o seu plan axiña se torce.
A axente que se vai encargar da venta, Telma, é una moza insegura e entusiasta que ten idealizadas a Lola e Rosalía por ter sido a primeira parella lesbiana da vila. E máis naquela época.
Telma busca una nova vocación como creadora de contidos e ve na historia de Lola un tema perfecto para o seu podcast. Lola, espaventada pola curiosidade da moza, tenta tirarlle esa idea da cabeza. Pero non hai xeito. Telma investiga pola súa conta e chega á conclusión de que a fuxida de Lola e Rosalía oculta un segredo aínda máis grande.
Un morto. Un crime. Un misterio aínda sen resolver.
Autoría: Daniel D. García e Sandra Lesta
Dirección: Salvador del Río
Adaptación: Daniel D. García e Sandra Lesta
Escenografía: Pablo Giráldez Río "O Pastor"
Deseño sonoro: Héctor Pazos
Deseño iluminación: Salvador del Río, Hector Pazos
Vestiario: Sonia Rúa
Música: Héctor Pazos
Elenco artístico
Casilda Alfaro
Iria Piñeiro
Mónica Camaño
Fran Paredes