Share
21/10/2022 - 22:00h | Praza do Rei (diante do Auditorio Municipal) | Vigo

Technocracia

  • Espectáculo a cargo de Funboa Escénica

Technocracia
Rede galega de teatros e auditorios

Technocracia aborda a festa como lugar de comunión, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ó incluir ó publico como parte esencial da peza a través das accións que se xeneren. Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos intentando preservar o noso calor interno, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde.

Bailar é un acto de #resistencia.